05-11-2003
Eu considero ás empanadillas coma o 'tentenpé' do futuro.
Son todo avantaxes: Son do tamaño axeitado para tomar se non tes
moita fame e se non é suficiente, pois podes repetir (e cun
recheo diferente). (Ainda que, en Santiago teñome fixado que
as empanadillas son enormes, e costa moito comelas enteiras.
Nese caso haberá que compartilas). Van pechadas, co que son
cómodas e hixienicas para comer, fáciles de transportar e de bóa
conservación. Logo admiten todo tipo de contido... Pero
habitualmente se fan de pescado e vexetais,co cal son sanas e
dietéticas.
Eu personalmente prefiro as empanadillas forneadas ás fritas. As
fritas me parecen demasiado aceitosas ( sei que hai moita outra
xente que é da opinión contraria). E nas forneadas, prefiro as
de masa de pan ás de masa follada. (Para os idiotas que topen
graciosa esta palabra: 'hojaldre' en castelán dise 'follada' en
galego, mentras que 'follada' se di 'fodida'. Non hai confusión posible.)
Vou facer unha pequena lista das miñas empanadillas favoritas en
Vigo. Istas son:
- Empanadillas de forno:
-
Empanadillas Rufino.
Ista panadería fai unhas empanadillas impresionantes ( xa eles
o dan a saber no nome do negocio ). Están situados moi
centricamente, e ofrecen unha grande variedade de recheos:
chourizo, carne, bonito, bacallao, berberechos, chocos e
zamburiñas (Mentres non se lles terminen). Son grandes, de masa
fina, compango abundante, e fresquiñas (fanse varias veces
durante o día).
-
Pan Toñito.
Deixando aparte a fama mitolóxica de Rufino, tamén me gustan
moito as empanadillas que fan neste sitio. Son pequeniñas pero
moi saborosas. ( Se ben hei de admitir que o que realmente me
ten entusiasmado de esta panadería, é a empanada de xoubas:
moi, moi semellante á que fai a miña aboa).
- Empanadillas fritidas:
-
Bar Barril.
Coido que non descubro nada, porque as empanadillas de O Barril son
famosas en todo Vigo ( sobre todo entre a xente xove, que abarrota
o sitio os venres e os sábados - e imaxino que os demáis días da
semana). Teñen gran variedade de recheos: bonito, bacallao, carne,
zorza, calamares, chocos, ... Incluso algúns moi inusuales coma as
que levan vexetais, ou queixo e xamon cocido (Se non lembro mal
había estas empanadillas a última vez).
-
CenaBar.
En contraposición ca abrumante variedade do anterior, aquí só
hai 1 tipo de empanadilla. Iso sí, un sabor realmente
particular: empanadillas de cocido ( Isto é,
empanadillas feitas con carne de cocido ). Tamén moi bóas. Todo
un clásico para comer cando se visita a praia do Bao.
-
Cafetería Brillante.
A cafetería é un dos meus lugares favoritos de Vigo, e se tedes ido algunha vez a tomarvos unha caña no lugar, entenderedes por qué. Aínda que a cafetería é coñecida sobre todo polas tortillas, tamén teñen empanadillas, estas empanadillas sonche ben curiosas. Fan empanadillas de xamón, tomate e queixo (nada ortodoxo este recheo). Se cadra fan tamén outro tipo de empanadillas, pero estas son as que sempre me ten coincidido probar.
¿ Estás de acordo ? ¿ En desacordo ? ¿ Pensas que me deixei fora
algunha empanadilla merecedora de ser probada ? Pois non dubides:
escribeme,
que eu tamén devezo por descubrir novas e deliciosas empanadillas.
Por recomendación dun lector da páxina: "Ante todo felicitarte, por la pagina web ,y decirle que no me he podido resistir el recomendarle que saboree las empanadillas que distribuyen en la cafeteria Mobba 2 en la av/de la florida 159 o incluso en la cafeteria TRIBUNA, ubicada justo enfrente el Estadio de Balaidos en Vigo,son unas empanadillas hechas a mano, con ingredientes tradicionales, las cuales distribuimos por toda la provincia a los locales de hosteleria como esos dos que le mencione...". (Non sei se isto é publicidade encuberta, pero bueno, xa terei ocasión de probar as empanadillas estas que mencionan e xa opinarei por min mesmo).