Manda carallo que eu vaia ter bóas lembranzas dun sitio tan cuestionable coma Kao San Road (os que viran A Praia seguro que coñecen o tema - eu non vin tal película: o cal é moi positivo se un ten pensado ir a Tailandia e non ir con ideas preconcebidas). Bueno, o tal Kao San Road é un pequeno barrio de Bangkok que parece preconcebido para mochileros anglosaxóns (cando un chega a Tailandia descubre que aquelo esta cheo de Australianos - por razón de cercanía - e de Israelís - por razóns que non entendo moi ben). Un lugar bastante deleznable... (ainda que moi convinte porque hai unha chea de sitios onde se aloxar).
Pero aínda así, ben cerquiña de todas esta montaxe de cervexarías con pantaias deportivas e tendetes de falsificacións de roupa, tamén existe una discreta escena de rapazolos Tailandeses, que se reunen pola zona para escoitar música alternativa e tomar cervezas relaxados. E en estes locales, son un pequeno oasis onde apartarse do agobio turistico.
Eu de feito teño moi bóas lembranzas (e deixo eiquí a recomendación por se alguén quere darse un descansiño) dun bar/coctelería e pequena rincón de música que esta a uns 200 metros do templo que hai enfrente da famosa rúa dos neóns:

Sripoom Bar, ca súa dirección por se vos queredes achegar en BKK
O Sripoom traeme moi bóas lembranzas duns días que me coincidiu estar eu só en BKK. Parei alí a tomar unhas cervexas e os rapazolos (Tailandeses) que andaban por alí me trataron moi ben. Asta estiven a xogar con eles unha partida na Wii. Pero aparte de isto, era un sitio ben interesante. De música ambiental (electrónica) ben parte do rato, e tiñan organizadas noites temáticas. Destas noites as máis recomendables eran os sábados no que había "Anything nice" (de música moi variada). Pero sobre todo me encantaba que os martes tiñan a noite "iPod", na que calquiera tiña 15 minutos para pinchar a música no seu "iPod". A idea (se ben pode que xa un pouco demodé) esta realmente ben (xa poderían facer algo parecido algún sitio por Vigo).

Sripoom Bar, un lugar moi cuquiño en Bangkok